SC Robotics has been participating in the Conecta Hubs program for collaborative projects in the strategic areas of the DIHs aligned with the strategy for R&D in Galicia based on Intelligent Specialization (RIS3 Galicia). This program is also funded by FEDER (Fonds européen de développement régional) Galicia 2014-2020 (code IN852C).
Conecta Hubs is funded by the Galician Innovation Agency (Axencia Galega de Innovación)and is also supported by the Second Vice-Presidency (Vicepresidencia Segunda) and the Office of Economy, Business and Innovation (Consellería de Economía, Empresa e Innovación) of Xunta de Galicia.
Apart from SC Robotics, the Libatio consortium is made up of Nigal, Indominus and Viña Costeira. The overall goal of the project is to develop an smart monitoring system to bring digital transformation to the wine-making sector leveraging the usage of Internet of Things, Artificial Intelligence and Digital Twins applied to wine ageing processes.
A few months before the project ends, the consortium has been able to achieve most of the original goals. The most important ones being:
- The design and set up of smart lids for the steel tanks where wine is stored and aged. These devices monitor inner conditions of the liquid and can even take pictures of the surface.
- The modelling of the fermentation process using process optimization algorithms to obtain significant savings in energy consumption without affecting to quality of the final product.
- The development of a web/mobile platform to collect all the data in real time and predict wine quality. The platform includes a notification and alert system for users so they can react to any kind of eventuality.
In the last months of the project, tuning and validation of the system will be performed, certification will be finalized and the main results will be released to the public.
[Galego]
SC Robotics resultou beneficiaria da convocatoria Conecta Hubs para proxectos colaborativos nas áreas estratéxicas dos Hubs de innovación dixital que permiten avanzar na súa especialización e consolidación dentro do marco da RIS3 Galicia e cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN852C).
O programa Conecta Hubs está subvencionado por la Axencia Galega de Innovación e conta co apoio da Vicepresidencia Segunda e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia.
Ademais de SC Robotics, Nigal, Indominus e Viña Costeira forman o consorcio que executa o proxecto Libatio que ten como obxectivo xeral o desenvolvemento dun sistema de monitorización intelixente que achegue a transformación dixital ao sector vitivinícola mediante a integración do Internet das Cousas (Internet of Things), da Intelixencia Artificial (Machine Learning) e da Simulación de Modelos Matemáticos por Computadora (Digital Twin) aplicados aos procesos de maduración e fermentación do viño.
A falta de uns meses para o remate do proxecto, xa na súa anualidade 2023, os socios foron quen de conseguir unha gran parte dos avances previstos. Os mais significativos foron:
- O deseño e instalación de tapas intelixentes para os depósitos de aceiro inoxidable onde se almacena o viño que permiten a monitorización das condicións ambiente no interior dos mesmos e incluso a toma de fotografías da superficie do líquido.
- A modelización matemática do proceso de fermentación do viño apoiada na implementación de algoritmos de optimización e control do proceso con que se logran reducións significativas do consumo enerxético ligado ao mesmo, sen comprometer a calidade do produto final.
- A implementación dunha plataforma web para dar cabida a todos os datos do proceso de monitorización en tempo real e na se logran predicións baseadas en parámetros medibles (temperatura, humidade, presión, presencia de osíxeno…), co obxectivo de lograr a estandarización organoléptica do viño ao longo dos anos.
- A creación dun sistema de notificación intelixente e de alertas que permite ao produtor controlar os parámetros críticos de produción e reaccionar de maneira inmediata ante calquera continxencia, fundamentalmente a través dunha aplicación móbil.
Os últimos meses de execución do proxecto dedicaranse a realizar tarefas de axuste e validación do sistema, finalizar os procesos de certificación e homologación técnica e á difusión dos principais resultados obtidos.